lunes, 5 de noviembre de 2012

Adquisición de novas cazadoras e tenis de cravos


O club xa dispón das novas cazadoras que van substituír ás antigas azul escuras (Nas fotos adxuntas móstrase o modelo). A semana pasada a levamos para ensinar aos adestramentos nas pistas e a primeira impresión foi moi positiva, até o punto que moitos pais preguntaron se era posible a compra non só para os nenos, senón tambien para eles.

Todos os nenos/as que queiran adquirila poden facelo utilizando os puntos que teñan dispoñibles ou ben pagando o importe da mesma. O prezo final esta bastante rebaixado, xa que esta subvencionada parcialmente polo club e cun desconto importante por parte da tenda. Para adquirila deben achegarse á tenda Centro Deportivo (San Pedro de Mezonzo 31) para probar as tallas e facer a reserva indicando o seu nome, apelidos e talla solicitada.



Os pais dos atletas que desexen adquirila pódeno facer. Neste caso non se subvenciona, pero a tenda realízanos un desconto importante no prezo final.

Comentar que tambien pódense renovar os tenis de cravos nesta mesma tenda. Se xa se dispoñen duns tenis de cravos Joma en estado aceptable, pódense deixar na propia tenda e recoller uns novos (Joma) por 20 €. Outra opción sería cambiar os actuais Joma por outros de segunda man. Neste caso non é necesario pagar nada. Se non se dispoñen de tenis de cravos para cambiar será necesario adquirilos ao prezo marcado na tenda.

Desta forma, o club quere facilitar o intercambio de material deportivo entre os socios interesados. Neste caso concreto, trátase de material que adoita quedar pequeno dun ano para outro, en bastante bo estado e con pouco uso.  

No hay comentarios: