viernes, 23 de noviembre de 2012

MILLARAIO: O MELLOR CLUBE DO CONCELLO DE AMES


Como todos os anos, o concello de Ames organiza a Gala do Deporte, co obxectivo de premiar os destaques do deporte do noso Concello. A escolla dos premiados fica a cargo dos representantes de todos os Clubes do Concello que propoñen as candidaturas e tamén votan nas diferentes categorías para escoller os premiados de cada ano.

Na edición do 2012 temos o orgullo de se recoñecidos como O MELLOR CLUBE DO CONCELLO, recibindo o apoio da maioría dos Clubes que recoñecen a labor do Millaraio no fomento do deporte de base no Atletismo que é un deporte minoritario, contando con 73 atletas da categoría benxamín a xuvenil e unha importante participación de rapazas. Tamén recoñecen dende o concello a implicación do Clube propoñendo e participando de maneira activa en actividades deportivas e sociais do concello.


Tamén entrou en valor a estrutura deportiva que conta con o esforzo de desprazarse e pagar a instalacións das pistas de atletismo, a división en grupos por idades e homoxéneos ben como a formación e experiencia dos adestradores do proxecto, todos con bagaxe académica e historial dentro do atletismo.

Por outra banda os resultados deportivos que comezan a aparecer con participacións en campionatos estatais e mesmo nacionais e medallas en campionatos galegos sumados ao recoñecemento da federación Galega de Atletismo, considerando o Clube como Núcleo de Iniciación Básica Atlética II, acabaron de afirmar o Millaraio como mellor candidato a recibir o galardón!

O premio entregarase o vindeiro 1º de decembro, ás 20:30, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, con aforo limitado e controlado por invitacións. O Clube terá algunhas e pedimos aos interesados en asistir que manden un correo a millaraio@gmail.com para expresar  súa vontade de acudir e cantas persoas irían. Caso necesario faremos un sorteo para definir os asistentes.
Gracias a todos aqueles que pasaron por el Club en los 4 años de historia y que aportaron cada uno su parte para que poderamos chegar a ofrecer esta estrutura a nosos atletas e recibir os  recoñecementos polo traballo realizado! 
Parabéns a todos!

No hay comentarios: