Un ano mais o concello de Ames vai celebra a festa do Magosto, facendo coincidir con varias actividades relacionadas ao período do Outono e tamén con actividades de carácter lúdico-deportivo.
O Clube Millaraio non podería estar fora e convoca a todos aqueles atletas e familiares que queiran participar da festa que vai incluír una actividade de atletismo impartida ao mais pequenos para achegar un pouco do noso deporte a todos aqueles que queiran probar! Os atletas que veñan con a roupa do Clube e participen das actividades recibirán “Puntos Millaraio” pola participación en actividade de interese!
Tamén axudaremos na organización, unha vez que o noso clube tamén ten a función de ofrecer a súa colaboración en actividades nas que poidan disfrutar todos os veciños do noso concello e en especial, aqueles que pertencen a Millaraio.
Toda a Información podedes acadar na seguinte ligazón:
http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=8960&idioma=gl&sec=32
Vémonos Sábado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario