jueves, 1 de noviembre de 2012

Fin de Semana - Carreira de Ames

Hola a todos!

Primeiro aclarar algunhas cousas respecto a fin de semana e a estrutura de adestramentos. Tedes o Calendario no Blog sempre actualizado para consultar os eventos e os detalles de adestramentos cando teñades algunha dúbida. O clube decidiu acoplar o calendario de adestramentos de este ano ao calendario escolar, polo que nos puentes festivos que non teñan clase no colexio, non haberá adestramentos.

No Domíngo día 04/11 faremos o estreno oficial do Clube na tempada 2012/13 e non podía ser de mellor forma que correr na propia casa, no noso Concello! Seguimos pedindo a colaboración daqueles que poidan botar unha mán nas tarefas de colocación de vallas, corte de tráfico e outras labores organizativas da carreira que ten o noso Club como colaborador! (Enviar un correo a miguelbuela@gmail.com para quedar)

Os atletas de Millaraio están todos anotados e unha vez mais, hai a previsión de que teremos o record de participación na proba, que a falta de unhas horas para o peche das inscripcións, xa conta con casi 600 inscritos nas carreiras escolares.

Hai algunhas novidades relacionadas cos circuitos das categorías menores, con cambios para melloría da proba introducidos pola organización. Podedes consultar a nota relacionada a este tema e os mapas con os percorridos na seguinte ligazón:

http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1096

Non esquezades que este ano cambiaron os horarios da carreira, de tal maneira que corren os adultos e os xuveniles primeiro, ás 11:00, e o resto de categorías dos pequenos ás 12:00.

Os que compitades ás 12:00 tendes que estar a pe de carreira as 11:30 para recoller os dorsais e quentar. 
Aproveitaremos esta carreira do club para facer a foto oficial deste ano, así que estade atentos porque a faremos as 11:45 aproximadamente. Faremos unha segunda foto nun adestramento para que poidan estar tamén  os que non poden vir a carreira por motivos de viaxe.

Boa carreira!! Vémonos o domingo!

No hay comentarios: