jueves, 15 de noviembre de 2012

Convocatoria Eleccions Presidente/a do Club


A Xunta Directiva do Club de Atletismo MillaRaio na reunión celebrada a o día 9 de novembro de 2012, tomou o acordó de convocar as eleccións para cubrir o cargo de Presidente do club, segundo os seguintes criterios e convocatoria

CONVOCATORIA

Con esta data quedan convocadas as eleccións que terán lugar o 15 de decembro de 2012 ás 12,00 h. no local do que fai uso o club sito en c/ Rosalía de Castro nº 47- baixo, no Milladoiro

O cargo electo é o de Presidente por cesamento regulamentario de D. Francisco Miguel Buela Cruces.

O devandito cargo será elixido entre os socios do Club. Os candidatos, de acordó co artigo 45.3 de Ley 3/12 de 2 de Abril del deporte de Galicia “…no podrá formar parte de más de una junta directiva de clubes distintos que participen o tengan intereses en idéntica competición oficial”

A elección realizarase por votación directa e secreta dos socios, tendo dereito de sufraxio activo todos os socios.

Os trámites que se han seguir ata a celebración do acto electoral son os seguintes:

  1. A convocatoria será anunciada con 30 días de antelación. A elección efectuarase o día sinalado (15/12/12) entre as 12,00 e as 14,30 h. en que se procederá ao peche das urnas e a o seu correspondete escrutinio.
  2. Dentro dos cinco días seguintes á data da convocatoria electoral a secretaría encargarase de:
    - publicar no blog do MillaRaio e remitir por e-mail a convocatoria electoral na que deberán constar os seguintes extremos:
        a. Cargo obxecto de elección
        b. Día e hora da celebración do acto electoral e a hora en que se pecharán as urnas para dar comezo ao escrutinio
    - expor, mediante listaxes que poderán ser consultadas cos membros da xunta directiva, o listaxe de socios con dereito a voto.
  3. As candidaturas deberán presentarse mediante e-mail a conta do club, secretaria@millaraio.es, con 15 de días de antelación, cando menos, a data sinalada para o acto electoral. As candidaturas deberán presentarse posteriormente cunha declaración xurada de non incorrer na situación recollida no art. 45.3 da Ley 3/2012 de 2 de abril del deporte de Galicia, e co aval do 10% dos socios do club, entregándose a calquera membro da directiva.
  4. Os socios que dexesen formular reclamacións contra as listaxes de electores, haberán de presentalas dentro do prazo dos cinco días seguintes a súa exposición (do 20 ao 24 de novembro).
  5.  A Xunta Directiva, no  caso de existir reclamacións contra as listaxes de electores, resolverá sobre elas dentro dos tres días seguintes á expiración do prazo para formulalas. A súa notificación seralle notificada a cada reclamante dentro dos dous días seguintes.
  6. A Xunta Directiva, ao día seguinte á finalización do prazo de presentación de candidaturas  (01/12/12) proclamará como candidatos aqueles que reúnan os requisitos legais exixibles e considerarán electos aqueles que non teñan oponentes.
  7.  A seguir, publicarao no blog e comunicarallelo aos interesados.
  8. Todos os plazos sinalados computaranse por días naturais.
  9. Para a celebración da elección, constituirase a mesa electoral. Esta mesa estará integrada polo secretario da Xunta Directiva como presidente, auxiliado como mínimo por dous membros máis da propia Xunta, como vogais, dos que o máis moderno actuará como secretario. Cada candidato poderá, pola súa parte, designar de entre os socios un ou máis interventores para que o representen nas operacións da elección.
  10. Na mesa electoral deberá haber unha urna pechada que deixe unicamente unha abertura para depositar os votos.
  11. Unha vez constituída a mesa electoral, o presidente indicará o comenzo da votación e, á hora prevista para a súa finalización, pecharanse as portas e só poderán votar os socios que xa estivesen no local. Os membros da mesa votarán en último lugar.
  12. A elección terá de duración para o seu desenvolvemento o tempo fixado entre as 12,00 e as 14,30 h.
  13. As papeletas de voto deberán ser brancas, do mesmo tamaño, editadas polo Club e deberán levar impreso por una soa cara o nome do candidato.
  14. Na sede en que se celebren as eleccións, deberá dispor do número suficiente de papeletas cos nomes dos candidatos en branco
  15. Os votantes deberán acreditar ante a Mesa Electoral a súa personalidade. A mesa comprobará a súa inclusión no censo de socios; o seu presidente pronunicará en voz alta o nome e os apelidos do votante e indicará que vota; deseguido, o presidente introducirá a papeleta na urna correspondiente.
  16. Logo de finalizar a votación, procederase ao escrutinio lendo en voz alta todas as papeletas.
  17. Deberán ser declarados nulos totalmente aqueles votos que conteñan expresións alleas ao estrito contido da votación ou que conteñan riscaduras ou marcas escritas e as que indiquen mis dun candidato para un mesmo cargo, ou nomes de persoas que non concorran á elección.
  18. Unha vez finalizado o ecrutinio, a presidencia anunciará o resultado e de seguido proclamará electo o candidato que obtivese o maior número de votos. No caso de empate entenderase elixido o socio máis antigo.
  19. No prazo de cinco días dende a proclamación do Presidente, será comunicado ao Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta.




                            

No hay comentarios: