viernes, 9 de noviembre de 2012

Ofrecemento do club para o Domingo 11



Este Domingo día 11 celebrarase a  FEIRA DE CABALOS (cualificada de interese autonómico) en Francos-Teo,  aldea donde se fan os eventos da comida de fin de tempada e a cacharela do club. Coincide co 500 aniversario da Feira.
Por iso dende o club de Atletismo queremos ofrecer os seguintes servicios ós socios:

*Aparcamento gratuito na finca para todos os socios de Millaraio  sempre que a Policía permita o acceso ata ela.
Tamén existe un aparcamento gratuito a 700m. apróximadamente e non hai problema para chegar.  Outros cercanos a finca teñen un coste duns 3 euros.

Na feira hai moitos postos de pulpo, churrasco, carne o caldeiro, pero coidan  estar case sempre saturados:

*Ofrecemos por tanto o espazo que hai  na finca para comer os socios (que queiran levar a comida) e en caso de choiva poderan utilizar o cuberto que dispón de aseo e mesas. Tamén existe a posibilidade de coller na casa nº 14, algo para comer e beber. Si precisades mais información sobre esto último chamade a Miguel Buela.  Tamén se podería consumir alí mesmo.

Os rapaces poden xogar nas fincas habituales , pero ao NON SER  UN EVENTO DO CLUB non haberá monitores por tanto é  responsabilidade  dos socios  deixar todo tal e como está: recoller basura, deixar gardadas e recollidas as mesas,  etc...

No seguinte enlace tedes mais información sobre esta feira:



No hay comentarios: