jueves, 31 de diciembre de 2009

Clasificacións da carreira de Pontecesures

Seis atletas do MillaRaio correron en Pontecesures o pasado 26 de decembro.
As clasificacións son:
Categoría A: 2. Leonardo Guazzone Mariño, 4. Jaime Ferro Vilas. 
Categoría D: 3. Alba López Portabales, 5. Cristina Sánchez Pardo, 7. Natalia Sánchez Pardo.
Na categoría B correu Fátima Dell Blanco, aínda que non dispoñemos da súa clasificación.

Unha vez máis grazas aos atletas pola participación e entusiasmo que demostran en cada carreira.

miércoles, 30 de diciembre de 2009

Hoxe II San Silvestre na Alameda de Santiago

Hoxe celébrase a II San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda. A saída será ás 21:00 h. dende a Porta dos Leóns no Paseo da Ferradura da Alameda Compostelana.
O CARSantiago é quen organiza este evento deportivo-festivo.
Os atletas non participarán con dorsais tal e como ven sendo habitual neste tipo de eventos lúdicos-festivos-competitivos. Non se vai utilizar CHIP nin ningún outro sistema de cronometraxe.
O percorrido será dar tres voltas o infinito (modificado) da Alameda. Distancia aproximada 5.852’32 metros. Os atletas menores de 14 anos darán só duas voltas ao circuíto, e non poderán optar aos premios.
Recoméndase estar media hora antes para facer un quencemento ensinando o percorrido a quén non o sepa.
Rematada a proba farase a entrega de premios. Os premios non son acumulativos.

XXVI San Silvestre de Pontevedra 
O 31 de decembro ás 17:00 h na Praza da Peregrina. A distancia a percorrer será de 4-5 kilómetros.
Organizada pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra a inscrición na súa páxina web. Ata 15 minutos antes do comenzo da competición, poderase recoller o dorsal ou inscribirse na carreira.
Trofeo aos 3 primeiros homes e 3 primeiras mulleres. Lacón ao 1º clasificado home e muller. Agasallos a todos os participantes.

A derradeira do ano en Allariz 
O 31 de decembro ás 17:00 h na Praza Maior de Allariz. Organizada polo Concello de Allariz. A inscrición na piscina municipal ou no 988 44 20 83.

lunes, 28 de diciembre de 2009

San Silvestre en Noia, Ribadeo e Castrelo de Miño

Todos os socios/as que desexen despedir o ano o día 31 facendo deporte contan con varias carreiras de San Silvestre por toda Galicia. Nunha entrada anterior no blog xa falamos da San Silvestre de Lugo e da de Vigo. Hoxe súmanse a San Silvestre de Noia, a de Ribadeo e a de Castrelo de Miño.

San Silvestre de Noia 
A partir de las 17:00 h. O circuíto será de 3.200 m, polo paseo marítimo e o casco vello de Noia, con saída e chegada na Alameda. Organizada polo Concello de Noia e o Club de Atletismo de Noia. As inscripcións poden facerse por correo electrónico ou na línea de saída ata unha hora antes da proba. Debido ao carácter festivo desta proba non haberá categorías otorgándose trofeo ao primeiro home e á primeira muller. Obsequiarase a todo participante cunha camiseta conmemorativa. Ao finalizar a proba haberá unha pequena festa para despedir o ano.
Máis información na web do Club de Atletismo de Noia.

San Silvestre de Ribadeo 
A partir de las 16:30 h cunha distancia de 5.000 m e unha carreira para nenos de 100-500 m (media hora antes). Organizada polo Concello de Ribadeo. As inscripcións son gratuítas ata media hora antes do comenzo da proba. Haberá premios en metálico para os tres primeiros/as na categoría absoluta.

X Carreira Popular San Silvestre de Castrelo de Miño 
As 16:00 h. para todas as categorías en 2 grupos. Na parte de adiante colocaranse as categorías superiores e na parte traseira as inferiores. Terá lugar no aparcadoiro do Parque Naútico de Castrelo de Miño e a distancia será 6.500 m. para a categoría absoluta e 2.000 m. para as categorías inferiores. Organizada polo Concello de Castrelo de Miño, o Clube Atletismo Ribeiro e Non Stop Training Club. A inscrición ten un prezo de 3 euros e as prazas están limitadas a 300 corredores, sumando todas as categorías.
Máis información na páxina do club ou en championchipnorte.

domingo, 20 de diciembre de 2009

Cos nosos mellores desexos

31 de decembro XV San Silvestre de Lugo e V San Silvestre de Vigo


A San Silvestre de Lugo celebrarase a partir das 16:30 h. na zona do Paseo Fluvial próximo ao Pazo de Feiras e Exposicións. 


Categorías e distancias:
CARREIRAS INFANTÍS
MINI: feminina/masculina – anos 2004 - 2005 (distancias inferiores a 0,5 km)
A: feminina/masculina – anos 2001 - 2002 - 2003 (distancias inferiores a 1 km)
B: feminina/masculina – anos 1998 - 1999 - 2000 (entre 1,5 e 2 km)
C: feminina/masculina – anos 1996 - 1997 (entre 2 e 3 km)
D: feminina/masculina – anos 1994 - 1995 (entre 2 e 3 km)
CARREIRA ADULTOS (aprox. 6,5 km). As categorías son: E (anos 1989-1993), F (anos 1979-1988), G (anos 1969-1978), H (anos 1959-1968), I (anos 1958 e anteriores)

Trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e camisetas ao maior número posible de participantes. A entrega de trofeos celebrarase no Club Fluvial de Lugo, despois da carreira de adultos.

Nas carreiras infantís a inscripción será o día da proba de 15:30 h. a 16:15 h. no posto da organización instalado na saída. Os pequenos/as correrán sen chip.


A V San Silvestre de Vigo será a partir das 17:00 h. no Parque de Castrelos. O percorrido é de 5 km aproximadamente. Haberá merenda final para todos os participantes. A carreira é aberta a todas as idades e todo tipo de indumentarias. Solidaria, non competitiva e festiva.


jueves, 17 de diciembre de 2009

MillaRaio cumpre un ano



Estamos de cumpreanos. Aproveitando a ocasión podedes escribir no chat as vosas experiencias neste primeiro ano, as expectativas para o próximo, que cousas do Club che parecen ben, as que se poderían mellorar ou que novidades che gustarían nun futuro.

A fotografía que acompaña este texto, cedida por Susana Mayo, é da primeira carreira na que participaron os atletas do MillaRaio. A foto indica canto medramos nun ano, e non falo da estatura dos atletas… O que ves na foto era, máis ou menos, o club nos seus inicios. Ese día a mensaxe para os nosos pequenos/as era "hai que chegar á meta, se non podedes correr, camiñade". Lonxe quedaban aínda as clasificacións e os trofeos aos que non podíamos aspirar, pero a Padrón chegamos pequenos e grandes cheos de ilusión. Para algúns coma mín o primeiro contacto coas carreiras populares, aínda que hoxe todos "navegamos" con naturalidade pola páxina de correr en Galicia e no foro en busca de información.

O que conseguimos este ano:

Os nosos fillos e fillas corren mellor. Coñecen máis os seus límites e miden ben as forzas para chegar en mellores condicións á meta. Hai corredores/as que comenzan a destacar e xa nos teñen acostumados aos trofeos.

Contamos cun adestrador profesional, responsable e de gran calidade persoal. Sempre disposto a ofrecer axuda e información.

Chegamos ao tope máximo de 40 atletas e hai xa lista de espera.

Estivemos a piques de lograr o premio ao mellor Club do Concello de Ames e tamén á mellor promesa feminina (deportista menor de 18 anos).

Temos aprobada unha subvención do Concello de Ames de 1.375 euros, aínda que a Xunta non concedeu axuda algunha.

MillaRaio comenza a ser coñecido no Concello, na Xunta e tamén na Federación Galega de Atletismo, grazas ao esforzo da directiva e de Juan Pablo.

Celebramos tres festas nas que adultos e nenos pasamos o día xuntos, coñecéndonos mellor e facendo novos amigos: o cocido do Antroido, a festa do Club no mes de xuño e o xantar de Nadal.

En Picasa hai 1.362 fotos de 18 carreiras distintas e da festa do Club, feitas a maioría por David Fuentes.

Fai 2 meses naceu este blog como medio de comunicación entre os socios/as. Máis de 2.600 visitas neste tempo indican que conta con seguidores externos ao Club. Pola parte que me toca grazas a todos por estar ahí, tamén aos lectores de Brasil.

As cuotas anuais de MillaRaio son de 75 euros (novos socios) e 30 euros (renovación de praza). Con dereito a chandal (35 euros), pantalón curto (9 euros), adestrador (30 euros aprox.) e seguro obrigatorio (20 euros). Pode alguén preguntar porque vendemos lotaría ou rifas?

Grazas a todos os que traballaron e aos que seguen a traballar para MillaRaio, de xeito altruísta e sen experiencia previa nestes cometidos. Grazas tamén aos nosos nenos e nenas, por eles nos esforzamos cada día en mellorar.

FELIZ CUMPREANOS MILLARAIO, E QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS...

lunes, 14 de diciembre de 2009

26 de decembro X Carreira Popular Concello de Pontecesures

Categorías, distancias e horario:
Pitufos/ 0-4 anos/ 100 m/ 18.15 h.
A-B/ homes e mulleres de 5 a 8 anos/ 400 m/ 16.30 h.
C-D/ homes e mulleres de 9 a 12 anos/ 600 m/ 16.45 h.
E-F/ homes e mulleres de 13 e 14 anos/ 1.200 m/ 17.00 h.
G-H/ homes e mulleres de 15 a 17 anos/ 5.000 m/ 17.20 h.
I-J/ homes e mulleres de 18 a 35 anos/ 5.000 m/ 17.20 h.
K-L/ homes e mulleres de 36 a 50 anos/ 5.000 m/ 17.20 h.
M-N/ homes e mulleres de máis de 50 anos/ 5.000 m/ 17.20 h.

Saída e meta no "coche de pedra". Haberá trofeos para os 3 primeiros da xeral, medalla ós 3 gañadores de cada categoría, e camiseta para os 200 primeiros inscritos.


sábado, 12 de diciembre de 2009

MillaRaio 2º club en participación no campo a través “cidade de Santiago”

A segunda volta do II trofeo de atletismo campo a través “cidade de Santiago” que se celebrou este sábado, 12 de decembro, contou cunha alta participación de atletas do MillaRaio. Fomos o 2º club en número de participantes, so adiantados polo Olímpico Vedra. A maior cantidade de atletas de MillaRaio concentrouse na categoría Prebenxamíns.

Na categoría Alevín nenos temos o 3º posto por equipos. A categoría Prebenxamíns non puntuaba, de facelo teríamos o 1º posto por equipos.

As clasificacións individuais por categorías foron:
Prebenxamín nenos: 1. Hugo González Olveira; 2. Guillermo De La Riva Paredes; 6. Pablo Souto García; 7. Miguel Piñón Álvarez; 9. Iago Ramos López; 10. Ephem Canal Piñón; 11. Mario Uzquiaga Escourido; 12. Antón Rivas Seijas; 13. Mario Vilar Veiga; 16. Mario López Lareo; 17. Xoel Moar Segade.
Prebenxamín nenas: 4. Fátima Dell Blanco; 6. Carla Buela Enjo.
Benxamín nenos: 3. Leonardo Guazzone Mariño; 8. Jaime Ferro Vilas; 9. Antón González Pérez.
Alevín nenos: 6. Hugo Rodríguez Abel; 18. Jacobo Nogueira Colmeiro; 21. Iago Fuentes García; 24. Pablo Nogueira González.
Alevín nenas: 3. Alba López Portabales; 9. Natalia Sánchez Pardo.
Infantís nenas: 11. Cristina Sánchez Pardo.

Na primeira volta deste trofeo, celebrada o pasado 14 de novembro, acadamos o 3º posto por equipos na categoría Benxamíns.

Unha vez máis felicitar, polo seu esforzo, a todos os/as atletas que se animaron a correr.

viernes, 11 de diciembre de 2009

Parabéns á familia Fraga Caneiro

A directiva de MillaRaio quere felicitar á atleta Elena Fraga Caneiro e a súa familia que dende o pasado 6 de decembro contan cun novo membro na casa. Martín Fraga Caneiro naceu saudable e grande, con case 4 kilos de peso. A este paso dentro de poucos meses estará xa criado e verémolo correndo ao lado de Elena coa camiseta do MillaRaio.

Leo 2º no "Gran Premio La Bella Otero" de Valga

As clasificacións da carreira pedestre Gran Premio La Bella Otero, celebrada en Valga o pasado 8 de decembro, son as que seguen:
Pitufos: 5. Xoel Moar Segade
Categoría A: 2. Leonardo Guazzone Mariño; 7. Brais Moar Rosero
Categoría B: 6. Fátima Dell Blanco
Categoría D: 7. Alba López Portabales; 8. Cristina Sánchez Pardo; 11. Natalia Sánchez Pardo

20 de decembro carreiras en San Cibrao das Viñas, en Boiro e en Vigo

VIII Carreira pedestre do Nadal San Cibrao das Viñas 
As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluíndo adultos e nenos/as e terán un custe de 3 euros. Os pitufos inscribiranse o día da proba e non levarán chip. A Saída e meta será nas Piscinas Municipais de Ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. A saída será conxunta para as categorías de escolares e absolutos. Os escolares pararán na 1ª volta e os restantes corredores completarán 2 voltas (1 pequena e 1 grande).

Categorías, percorrido e horario
A. Alevín / 1999 e 2000 / 3 km (1 volta) / 12:00 h.
B. Infantil / 1997 e 1998 / 3 km (1 volta) / 12:00 h.
C. Cadete / 1995 e 1996 / 3 km (1 volta) / 12:00 h.
D. Xuvenil / 1993 e 1994 / 3 km (1 volta) / 12:00 h.
E. Junior-promesa / 1988 a 1992 / 8’5 km (2 voltas) / 12:00 h.
F. Senior / 1987 ata veterán / 8’5 km (2 voltas) / 12:00 h.
G. Veterán A / de 40 a 49 anos / 8’5 km (2 voltas) / 12:00 h.
H. Veterán B / de 50 a 59 anos / 8’5 km (2 voltas) / 12:00 h.
I. Veterán C / de 60 anos en adiante / 8’5 km (2 voltas) / 12:00 h.
Pitufos / 2001 e posteriores / 300 m. / 13:00 h.

Premios
150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ aos seis primeiros clasificados/as en material deportivo.
Trofeo aos 3 primeiros clasificados/as en cada categoría.
Camiseta técnica e bolsa do corredor para todos os/as participantes que rematen a proba.
60€ aos seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
Medalla para todos os pitufos participantes.
Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal e unha noite de hotel nunha suite con cea para dúas persoas.

V Carreira Popular Mar de Boiro 
Terá lugar na praza de Galicia ás 11:00 h. A recollida de dorsais será a partir das 09:00 h. ata as 10:15 h.

Categorías e percorrido:
Benxamín Masc. e Fem. / 2001 e 2002/ 2.300 m.
Alevín Masc. e Fem. / 1999 e 2000/ 2.300 m.
Infantil Masc. e Fem./ 1997 e 1998/ 2.300 m.
Cadete Masc. e Fem. / 1995 e 1996/ 8.246 m.
Juvenil Masc. e Fem./ 1993 e 1994/ 8.246 m.
Junior Masc. e Fem./ 1991 e 1992/ 8.246 m.
Promesa Masc. e Fem./ 1988, 1989 e 1990/ 8.246 m.
Senior Homes e Mulleres / 1987 e 1974 (ambos incluídos)/ 8.246 m.
Veteranos/as A / homes e mulleres nados entre 1973 e 1964 (ambos incluídos)/ 8.246 m.
Veteranos/as B / homes e mulleres nados entre 1963 e 1954 (ambos incluídos)/ 8.246 m.
Veteranos/as C / homes e mulleres nados en 1953 e anos anteriores/ 8.246 m.

As categorías benxamín, alevín e infantil farán a saída conxunta, detrás da categoría absoluta, na rúa Principal, fronte ó edificio do concello. A chegada será na parte de atrás deste edificio, na rúa peonil. Está permitido que os pais ou adultos corran acompañando aos nenos.

Premios:
Trofeos para os 3 primeiros clasificados en tódalas categorías.
Trofeos aos 3 primeros corredores de Boiro da categoría xeral, masculino e feminino.
Medallas do 4º ao 13º clasificado na categoría de escolares.
Tódolos corredores que entren en meta recibirán un agasallo.
Non haberá premios económicos.

Carreira do Pavo 2009-Trofeo El Corte Inglés
En Vigo, no circuíto urbano da Praza de Compostela e arredores, co seguinte programa:
10:30 h /Benxamín, ambos sexos/ 2001-2002/ 713 m
10:40 h/Alevín, ambos sexos/ 1999-2000/ 1.363 m
10:55 h/Infantil, ambos sexos/ 1997-1998/ 2.013 m
11:10 h/Cadete, ambos sexos/ 1995-1996/ 2.818 m
11:30 h/Xuvenil/Júnior/Veterana femenina/1993-1994 e 1991-1992 / 35 anos cumpridos ou mais/ 3.623 m
11:50 h/ Xuvenil/Júnior/Veterana masculina/1993-1994 e 1991-1992/ 35 anos cumpridos ou mais/ 5.728 m
12:20 h/ Promesa/ Sénior femenina/ 1988-1989-1990 / 1987 e anteriores/ 4.273 m
12:50 h/ Promesa/ Sénior masculina/ 1988-1989-1990 / 1987 e anteriores/ 7.988 m

O prazo para a inscrición péchase o 17 de decembro ás 21 horas.
Premios: Trofeo ao 1º clasificado e lotes de produtos do Nadal aos 3 primeiros por cada categoría e sexo.
Camiseta a todos os participantes.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Pais e deporte base

Moitos factores inflúen na iniciación deportiva: as características persoais do neno/a, a filosofía do club ou escola deportiva, o grupo de iguais, os adestradores ou monitores deportivos e os propios pais. Os pais forman parte do contexto deportivo, as súas decisións, opinións e actitudes inflúen na experiencia deportiva dos seus fillos/as, dándolle ao deporte un enfoque lúdico ou meramente compititivo.

O deporte é unha ferramenta moi útil na educación dos fillos/as aportando unha serie de valores imprescindibles para a formación integral do neno/a como persoa e deportista. O deporte fomenta a autonomía persoal e a toma de decisións propias, crea un ambiente de colaboración cos compañeiros, mellora a autoconfianza e a comunicación, axuda a consolidar hábitos saúdables, ensina o respeto polo adversario e a importancia de esforzarse e superarse día a día mesmo despois da derrota. En definitiva proporciona pautas mínimas moi importantes para o desenvolvemento persoal. 

Recomendacións para que os pais e nais fagan máis satisfactoria a experiencia deportiva dos nenos/as:

Favorecer a actividade deportiva dos teus fillos/as, sen esquecer que a elección do deporte debe ser libre e voluntaria por parte do neno/a.

Involucrarse nas actividades deportivas dos fillos/as. Sempre que podas axudar nas tarefas do club ou escola deportiva. Pregunta as dúbidas que teñas sobre o funcionamento do club, os seus obxectivos, a programación deportiva (horarios, actividades)...

Asegurarse que os nenos practiquen deporte nun entorno saúdable. A maioría dos adestradores e monitores contan con boa formación para desenvolver o seu traballo, confía nas súas decisións deportivas e se non estás dacordo comparte as túas ideas directamente con eles.

Non fagas de 2º adestrador, aínda que coñezas a fondo o deporte que practica o teu fillo/a. ¿A quen lle fago caso? ¿ao adestrador ou a papá? Probablemente a ningún dos dous.

Premiar sempre a participación, a superación, o respecto polas decisións arbitrais e polo adversario. Debemos ser modelos de autocontrol para os fillos/as.

Non esquezas nunca que o obxectivo principal no deporte base é a diversión e a formación dos nenos/as. Disfruta asistindo ás competicións y convírtete no FAN nº 1 do teu fillo/a.

Isto é o resumo dun artigo escrito por Eva M. García Quinteiro e publicado na páxina web de EPSIDE (Psicólogos do deporte en Galicia). Aproveito a ocasión para colgar o enlace a esta interesante páxina, que eu non coñecía, e dar as grazas ao socio/a que o fixo chegar coa súa mensaxe.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Alba 3ª en Lestrove, Guillermo de la Riva 4º en Ourense

Malia o tempo que fixo 7 valientes atletas de MillaRaio correron o sábado en Lestrove nas categorías A , B e pitufos.

As clasificacións na categoría A foron: 10. Leonardo Guazzone; 13. Pablo Nogueira; 15. Antón Nogueira.

Na categoría B correu Alba López Portabales que acadou o 3º posto, según confirman pais e nais de MillaRaio que acodiron á carreira. Por problemas coa organización na clasificación final aparece en 4º posto.

Tamén correron 3 pitufos: Xoel e Brais Moar e Mario Vilar Veiga, aínda que non aparecen na clasificación. Parabéns a todos os atletas que con ilusión corren cada semán neve, chova ou faga sol.

Máis información neste enlace.

Na carreira de Ourense, o pasado 8 de decembro, participou na categoría de cativos masculino Guillermo de la Riva Paredes, clasificado en 4º posto.

sábado, 5 de diciembre de 2009

O adestrador responde dúbidas

Recibimos un comentario de Juan Pablo aclarando dúbidas sobre o deporte e as clasificacións que publico aquí íntegro pola súa importancia como punto de vista dun profesional. Tamén adiantamos que o 15 de xaneiro dará unha charla informativa a todos os pais e nais que agardamos impacientes.

O comentario é o que segue:

"Tuve dudas en comentar, pero creo que mi contacto directo con el atletismo popular y federado bien como mi experiencia en el trabajo y estudios con el deporte infantil pueden ser un punto para colaborar en la discusión.
En primer lugar es lógico que nos guste a todos tener la clasificación en el blog. Por otro lado, no conozco a ningún club que tenga en su blog o página web las clasificaciones de todas las carreras a que acuden sus atletas y más: casi ningún club gallego tiene un medio como el del MillaRaio lo que es de agradecer. En resumen, hay que agradecer que estén las clasificaciones y si no se ponen, pues cada uno sabe su puesto o donde encontrarlo.
Otro tema es el de discutir la filosofia del deporte o sus significados. Como bien dice Anónimo, a los juegos van los mejores y los que principalmente han elegido hacer del deporte su manera de trabajo y de vida. No creo que sea el caso de ninguno de nuestros pequeños, que por más competitivos que puedan ser, todavia no tienen maturidad ni condiciones de decidir que quieren desde ya ser olímpicos.
Y aunque lo quieran ser, todos los estudios y especialistas indican que los que ahí llegaron hicieron el camino del ludico, de divertirse con el deporte, de formarse primero buscando el resultado de la tarea y no del rendimiento. Si competían... pero como cualquier niño, competían a tirar la piedra más lejos, a saltar la alcantarilla o a subir más rápido la cuesta de la calle y alguna que otra vez, en el caso del atletismo, nuestros campeones de hoy iban a algún cros o carrera y llegaban entre el mogollón, prácticamente nunca de primeros.
Perdonarme extenderme tanto, pero creo que hacía falta poner a la luz algunos puntos que están claros (por lo menos para los especialistas) en relación al desarrollo del deporte infantil y que para mi alegría son los mismos que aplica el club en su filosofía de trabajo.
El texto sobre los 1ºs publicado está muy bien y habría que servir de inspiración. Os dejaré también una publicación que trata del tema y espero que haya interés en la charla del día 15 de enero pues ahí podremos debatir y acercarnos a la mejor manera de orientar los niños en el deporte para que sean las mejores personas y deportistas que puedan ser!
Un saludo y hasta el día 12".

1.375 euros de subvención concedeu o Concello de Ames a MillaRaio

O concello de Ames aprobou recentemente as subvencións para a promoción de actividades culturais e deportivas para o exercicio 2009. As subvencións para actividades culturais corresponderanse con 66.988,69 euros mentres que se destinarán 44.963,90 euros para a promoción do deporte.

A comisión avaliadora estivo composta polo alcalde do Concello de Ames, Carlos Fernández, o concelleiro de Cultura e Deportes, Francisco Villaverde, a Secretaria e a Interventora. Os criterios para a concesión de subvencións foron: a implicación da comunidade na actividade proposta, a periodicidade do proxecto, o importe, o interese da actividade, o uso da lingua galega e as axudas solicitadas a outras administracións.

Seguindo os criterios de concesión de subvencións e porque promocionamos o deporte e o atletismo no concello de Ames a directiva de MillaRaio establece, nas súas normas internas de funcionamento, como carreiras prioritarias as do concello, así como a colaboración na organización das mesmas.

Máis información sobre as subvencións na páxina do concello.

jueves, 3 de diciembre de 2009

O 8 de decembro celebrarase a X Carreira Expourense-Megaxove

O Club Ourense Academia Postal organiza a X Carreira Expourense-Megaxove, coincidiendo coa celebración desta feira no recinto feiral de Expourense. A competición terá lugar nos arredores do recinto feiral Expourense e do Pazo de Deportes “Paco Paz”.

A carreira disputarase o próximo martes, 8 de decembro, a partir das 11:15 horas. A entrega de trofeos realizarase a partir das 13:30 horas dentro do recinto de Expourense.

Establécense as seguintes categorías:
Cativos / 2003 e con posterioridade
Benxamín / 2001 e 2002/
Alevín / 1999 e 2000
Infantil / 1997 e 1998
Cadete / 1995 e 1996
Xuvenil / 1993 e 1994
Iúnior / 1991 e 1992
Promesa – Sénior / 1975 e 1990
Veteráns A (homes e mulleres) / 1965 e 1974
Veteráns B Homes / 1955 e 1964
Veteráns C Homes / 1954 e con anterioridade
Veteráns D Mulleres / 1964 e con anterioridade

Horario das probas e distancias aproximadas:
11:15 / Alevín – Infantil mulleres / 1.200 m.
11:25 / Alevín – Infantil homes / 2.050 m.
11:40 / Cadete – Xuvenil mulleres / 2.050 m.
11:55 / Cadete – Xuvenil homes / 3.600 m.
12:20 / Iúnior-Promesa-Sénior-Veteráns / 6.000 m.

As clasificacións serán individuais para cada categoría, atendendo ó posto na liña de chegada. Na categoría de Cativos nos se establecerá unha clasificación final, e tódolos participantes na mesma recibirán un agasallo ó alcanzar a liña de meta. As clasificacións serán expostas no Stand do Club Ourense Atletismo Academia Postal en Megaxove, tra-la finalización de cada carreira, e na páxina web do Club ao longo da tarde.


Lembramos que ese mesmo día tamén haberá carreira en Valga como xa publicamos no seu día.

Suspéndense os adestramentos ata o sábado 19


O próximo sábado, 5 de decembro, queda suspendido o adestramento. Ese mesmo día na carreira de Lestrove participarán 8 atletas, 17 nenos e nenas estarán ausentes do Milladoiro polos días festivos e os restantes socios non contestaron á mensaxe do secretario de MillaRaio.

O sábado 12 é o día da carreira en Santiago, na que están inscritos todos os nenos e nenas, e despois o xantar de Nadal. Polo tanto os adestramentos suspéndense ata o sábado 19 de decembro.

Desexamos a todos os socios e socias que pasedes unha boa ponte e aproveitedes estes festivos para “recargar pilas”.

martes, 1 de diciembre de 2009

O 12 de decembro corremos en Santiago, despois xantar de Nadal en Vedra

O próximo 12 de decembro os socios e socias de MillaRaio teñen dúas citas ineludibles.

A segunda volta do II trofeo de atletismo campo a través "cidade de Santiago" no parque Eugenio Granell a partir das 10.30 horas. Lembramos que as categorías da competición e distancias son:
Prebenxamín mixto (2003 e posterior): 300 m.
Benxamín mixto (2002 e 2001): 800 m.
Alevín feminino (2000 e 1999): 1.200 m.
Alevín masculino (2000 e 1999): 1.900 m.
Infantil feminino (1998 e 1997): 1.900 m.
Infantil masculino (1998 e 1997): 2.900 m.
Cadete feminino (1996, 95 e 94): 2.200 m.
Cadete masculino (1996, 95 e 94): 3.500 m.


O xantar de Nadal será no restaurante parrillada ALDEA GRANDE, en Sta. Cruz de Rivadulla-Vedra, no km. 17 da estrada Santiago-Ourense.
O menú ten un prezo de 12 euros para os nenos e 20 euros para os adultos.
Os nenos/as poderán tomar pizza caseira, churrasco de porco e tenreira ou polo.
Os adultos: 1/2 ración de polbo, empanada de zamburiñas, langostinos á prancha e churrasco mixto ou polo.
Para o postre poderase escoller entre varios tipos de torta e xeados.
O restaurante conta cunha carpa, en caso de mal tempo, para que os nenos/as podan xogar. Tamén haberá coches de pedais, motos, bicis, campo de baloncesto e fútbol para que pequenos e maiores pasemos unha tarde agradable. Ampla zona verde e contacto coa natureza e con animais son outras diversións do lugar.
Prégase confirmar asistencia o antes posible. Eu non dubidaría xa que o plan para todo o día parece perfecto. Neste enlace verás o restaurante.