martes, 16 de marzo de 2010

Ata sempre Julián


O atletismo galego está de loito polo pasamento, esta mañá en Ferrol, de Julián Bernal. 

As mensaxes de pésame sucédense en moitas páxinas da internet. MillaRaio súmase e dende aquí enviamos ao seu fillo Jesús e demáis familia o noso pésame. 

En xaneiro falamos de que era exemplo de ilusión por correr a seguir polos nosos pequenos atletas, e tamén por pais e nais entre os que me conto, xa que nunca é tarde para empezar. Hoxe, máis que nunca, reitero estas verbas. 

Aínda que a carreira por Haití do domingo era unha cita modesta, boteino en falta. De seguro me pasará noutras moitas populares ás que asista. Era emocionante velo correr. 

A derradeira carreira foi o 7 de marzo na Torre de Hércules, onde acadou, na súa categoría, o título de Campión de España campo a través. 


Máis información na Voz de Galicia, no artigo "Adios al abuelo del atletismo gallego" e na páxina da FGA. 

13 comentarios:

Anónimo dijo...

un exemplo a seguir, sempre ensinando, sempre humilde, sempre un señor.

Alejandro Canal

Xosé Luís Ramos dijo...

Teñoo visto en moitas carreiras e sempre lle aplaudíamos ao chegar á meta. Era unha persoa admirable pola súa forza e o seu afán de superación. Persoas coma el, síntense moito en falta unha vez que se van pero sempre estará con nós. O meu máis sentido pésame á súa familia.
Como membro do club MillaRaio o noso mais sincero pésame, sempre estarás no noso corazón e dos nosos nenos.

ADRIANA dijo...

Fue un placer que Leo te acompañara en muchas de tus carreras a pesar de las críticas que recibimos del club ,pero a pesar de todo siempre estuvo a tu lado ,fuistes y eres un ejemplo a seguir ,marchastes pero aún sigues aquí en cada corazón y en cada carrera.Por siempre JULIAN BERNAL
Leo,Adriana Y Tito

Anónimo dijo...

Muchas gracias Julian por haber dado la opotunidad de que Leo te acompañara en muchas de tus carreras para el fue todo un privilegio a pesar de las miles de criticas que tuvimos por el club ,pero aún así seguió acompañandote,pero seguiras ahí en cada corazón y en cada carrera .Descansa en paz amigo JULIAN BERNAL
LEO Y ADRIANA

Millaraio dijo...

Si como pai e nai de Leo desexades saber porque o Club non permite aos nenos acompañar correndo a outros atletas nas carreiras populares comentar que a maioría de regulamentos prohiben esta práctica.
O Club só permite que cada participante corra na súa categoría e con dorsal identificativo como marca o regulamento destas probas.

Si un neno corre sen dorsal acompañando a corredores doutras categorías deberá facelo baixo a responsabilidade única dos seus pais e sin a roupa identificativa de MillaRaio. O Club non se fai responsable, nestes casos, das neglixencias ou imprudencias que se podan cometer.

Anónimo dijo...

El problema no fue ese lo que se dijo fue que lo que queriamos era protagonismo a mi no se me explicó nada de eso solo que no se le permitia correr con Julian y como madre del niño mi hijo corre con quien yo decida sin la camiseta del club ,la reunión que tuve fué con Miguel creo que los demas no estuvieron para opinar de lo que se habló o no y ni en ningún momento se habló de lo que me estais pidiendo que explique.Adriana

Administradora do blog dijo...

Como administradora do blog publico os comentarios que chegan e procuro resolver dúbidas que existan. Nada sei de conversas privadas ou problemas persoais entre un ou varios socios do Club...

Recordar que este é un espazo público ao que todo o mundo ten acceso. Estou encantada coa participación dos socios e coas vosas opinións... pero para resolver conversas privadas non parece este o sitio máis indicado.

Anónimo dijo...

No me parece que fuera un problema personal con nadie ,de hecho estoy muy contenta con la nueva directiva del club,porque me parece que funciona mejor que antes,no se trata de eso pero me estais pidiendo que explique algo que a mi no se me fue informado en ningún momento.El problema que hubo o no lo hubo fué tiempo pasado yo solo creo que dije la verdad.ADRIANA

Administradora do blog dijo...

Lamento os malentendidos. Só aclarei a postura da Directiva respecto ao tema de acompañar a outros corredores.

Anónimo dijo...

Eu entendo que sin a camiseta do club os nenos poden correr como queiran non?

Anónimo dijo...

Cando empezamos con Adriana y Miguel estábamos unidos de verdad nunca faltaba ayuda de padres y el ambiente era totalmente familiar sin intereses ni malos modos no perdamos eso saludos a todos

Anónimo dijo...

Si mi hija fuese mayor me gustaría que hubiese corrido con don Julián ¿hai entonces problemas por que yo corra a su lado por su corta edad?claro que sería mi responsabilidad los hijos son responsabilidad de los padres siempre estean o no en un club

Millaraio dijo...

Sin a camiseta do Club os nenos poden correr ou acompañar a quen desexen xa que non sería responsabilidade de MillaRaio non cumprir o regulamento da organización da carreira ou calquera outra incidencia ou accidente que ocorrese. A responsabilidade sería dos pais do menor.

Nas categorías pitufos ou prebenxamíns practicamente todas as organizacións permiten que os pais acompañen aos máis pequenos.