miércoles, 12 de mayo de 2010

O Pino distingue a MillaRaio cun premio especial

O concello de O Pino fíxolle chegar ao noso adestrador e director deportivo, Juan Pablo Fernández, o agradecemento pola participación dos atletas de MillaRaio na carreira da pasada fin de semana.

Malia a choiva, 18 atletas do club participaron neste evento. Por este aporte de atletas á carreira, o concello de O Pino ten previsto facernos unha distinción especial cun premio ao club.

As palabras dun dos organizadores no foro de Correr en Galicia (Derek) confirman este recoñecemento: Los niños vinieron muchos en las categorías de los más peques, que, por cierto, destacar al Millaraio y a su entrenador Juan Pablo Fernández que son un auténtico ejemplo.

A VII edición da carreira pedestre de O Pino contou con record de participación e asistencia de destacados corredores. Os gañadores da proba absoluta foron María Abel e Lolo Penas (7 victorias en 7 edicións). A organización, un ano máis, impecable.

As clasificacións de MillaRaio:
Prebenxamín masculino
5. Miguel Piñón Álvarez, 8. Ephrem Canal Piñón,
10. Mario Vilar Veiga, 13. Brais Moar Rosero,
15. Mario López Lareo, 18. Xoel Moar Segade
Prebenxamín feminino
3. Fátima Dell Blanco, 4. Lucía Bertussi Lorenzo
Benxamín masculino
2. Leonardo Guazzone Mariño, 8. Jaime Ferro Vilas,
9. Antón Nogueira González
Alevín masculino
7. Alessandro Bertussi Lorenzo, 8. Hugo Rodríguez Abel,
15. Iago Fuentes García, 18. Pablo Nogueira González
Alevín feminino
7. Alba López Portabales, 14. Natalia Sánchez Pardo
Infantil feminino
4. Cristina Sánchez Pardo
Máis información

Felicitacións a todos/as participantes e mil grazas ao concello de O Pino por esta distinción.

2 comentarios:

JAIME FERNANDEZ dijo...

Felicitaciones a MILLARAIO, pués cada vez quedamos mas encantados con las ganas, destos pequeños GIGANTES, que ya saben que lo mejor es competir y estar entre AMIGOS, lo demas es lo demas.

Besos cariñosos a todos atletas y uno especial para nuestro JUAN.

Saludos desde Brasil

Jaime

JAIME FERNANDEZ dijo...

Estamos muy contendo con todos atletas de MILLARAIO.

Son pequeños GIGANTES, que saben competir y estar entre AMIGOS.

Un beso cariño a todos, en especial a nuestro Juan Pablo.

Desde Brasil os admiramos mucho.

Jaime