A fotografía que acompaña este texto, cedida por Susana Mayo, é da primeira carreira na que participaron os atletas do MillaRaio. A foto indica canto medramos nun ano, e non falo da estatura dos atletas… O que ves na foto era, máis ou menos, o club nos seus inicios. Ese día a mensaxe para os nosos pequenos/as era "hai que chegar á meta, se non podedes correr, camiñade". Lonxe quedaban aínda as clasificacións e os trofeos aos que non podíamos aspirar, pero a Padrón chegamos pequenos e grandes cheos de ilusión. Para algúns coma mín o primeiro contacto coas carreiras populares, aínda que hoxe todos "navegamos" con naturalidade pola páxina de correr en Galicia e no foro en busca de información.
O que conseguimos este ano:
Os nosos fillos e fillas corren mellor. Coñecen máis os seus límites e miden ben as forzas para chegar en mellores condicións á meta. Hai corredores/as que comenzan a destacar e xa nos teñen acostumados aos trofeos.
Contamos cun adestrador profesional, responsable e de gran calidade persoal. Sempre disposto a ofrecer axuda e información.
Chegamos ao tope máximo de 40 atletas e hai xa lista de espera.
Estivemos a piques de lograr o premio ao mellor Club do Concello de Ames e tamén á mellor promesa feminina (deportista menor de 18 anos).
Temos aprobada unha subvención do Concello de Ames de 1.375 euros, aínda que a Xunta non concedeu axuda algunha.
MillaRaio comenza a ser coñecido no Concello, na Xunta e tamén na Federación Galega de Atletismo, grazas ao esforzo da directiva e de Juan Pablo.
Celebramos tres festas nas que adultos e nenos pasamos o día xuntos, coñecéndonos mellor e facendo novos amigos: o cocido do Antroido, a festa do Club no mes de xuño e o xantar de Nadal.
En Picasa hai 1.362 fotos de 18 carreiras distintas e da festa do Club, feitas a maioría por David Fuentes.
Fai 2 meses naceu este blog como medio de comunicación entre os socios/as. Máis de 2.600 visitas neste tempo indican que conta con seguidores externos ao Club. Pola parte que me toca grazas a todos por estar ahí, tamén aos lectores de Brasil.
As cuotas anuais de MillaRaio son de 75 euros (novos socios) e 30 euros (renovación de praza). Con dereito a chandal (35 euros), pantalón curto (9 euros), adestrador (30 euros aprox.) e seguro obrigatorio (20 euros). Pode alguén preguntar porque vendemos lotaría ou rifas?
Grazas a todos os que traballaron e aos que seguen a traballar para MillaRaio, de xeito altruísta e sen experiencia previa nestes cometidos. Grazas tamén aos nosos nenos e nenas, por eles nos esforzamos cada día en mellorar.
FELIZ CUMPREANOS MILLARAIO, E QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS...
2 comentarios:
Quero aproveitar esta ocasión para felicitar a todolos socios, non so polas fechas nas que estamos, senón por ter prestado a sua colaboración en todalas iniciativas para axudar a financiación do club, esperando que o vindeiro ano sigan a facelo, dende este espacio desexar un feliz Nadal e un vindeiro 2.010 mellor para todos.
Boas :
En primer lugar dar a enhoraboa as persoas que fundaron este clube , porque sin eles este proxecto non se levaría a cabo.
Logo a todos os socios que co seu esforzo loitaron tanto e deron o seu tempo libre para chegar ata onde está MillaRaio.
E o máis importante da pelicula felicitar e darlle ánimos os atletas , xa que sin eles esto non era posible.
FELICIDADES MILLA-RAIO POLO 1º ANIVERSARIO, VEMONOS NO 2º ANIVERSARIO.
Publicar un comentario