lunes, 4 de junio de 2012

Buena Actuación do Clube no Galego Benxamín/Alevín

Pese a algúns porblemas referentes as inscripcións que o final resolveránse e algunhas baixas non esperadas, os Benxamís e Alevíns do clube fixerón una boa participación no campionato onde se medían con os mellores atletas de toda a Galicia.

As velocistas benxamíns Helena Montero, Noelia Castro e Sabela Ferrás estiverón moi preto das suas mellores marcas nos 50m quedando as portas da final. No Masculino, Pablo Alonso acadou praza na fonal onde foi finalmente 6º. O mesmo atleta viria a estar moi preto de gañana unha medalla en lonxitude onde fixo unha boa marca 3m32cm para ser 4º a 4 cm da prata. Outro Pablo (Díaz) tamén competiu ben en lonxitude pero foi en 1000m onde igualou sua marca persoal (3'50") para ser o 5º mellor de Galicia!

Un outro benxamín polivalente foi o que deu as únicas medallas da Xornada para o Millaraio.  Daniel Mato foi 3º colocado en 500m e tamén en lanzamento de pelota, acadando en ambas probas suas mellores marcas persoais (1'37" e 26m50cm, respectivamente) e sendo o primeiro benxamín de millaraio a acadar medallas en un campionato galego benxamín ao aire libre!

Pola súa banda, os Alevín tamén competirón moi ben, acadando varios postos de destaque! Diego, o maior  dos imáns Alonso, outra vez estivo andando en ritmos sobre os 4 m/km na proba de 2000m quedando 8º con 8'03".

En 60m lisos Carlos Dios quedou moi preto da clasificación sendo 4º na sua semi-final con 9"47. na mesma proba Mateo García pasou a final e a piques estivo de gañar unha medalla sendo 4º colocado con 9"20 a menos de 1 decima de unha medalla de prata.

Nosos lanzadores tamén fixerón un bo papel!  Gabriel Martinez lanzou o peso a 6m44cm e Pablo Fernandéz voltou a superar os 7m para ser o 10º con 7m24.

A única rapaza alevín que representou o clube fíxo por partida dobre: Laura Cuesta foi a 6ª mellor en salto en altura con 1m15cm e fixo marca persoal en 1000m para ser tamén 6ª con 3'45", que tamén é o record do clube para esa categoria!

Noraboa a todos e en un par de semanas, cada un aportará o mellor de sí para aportar ao equipo no Campionato galego por equipos que tamén será nas pistas da Malata en Ferrol!

No hay comentarios: