O pasado domingo, día 10 de Xuño, celebrouse, nas pistas de atletismo da cidade de Lugo o Campionato Galego de Veteráns 2012.
O noso club tivo unha pequena representación en número (únicamente competiron 2 atletas) pero que resultou moi fructífera en canto a medallas acadadas.
Por unha banda a nosa atleta Mª Isabel Mougán Domínguez (Mabel), acadaba medallas, na súa categoría, nas dúas disciplinas nas que competiu (prata en 400 ml e bronce nos 1500 ml).
Pola súa parte o atleta Joaquín Sánchez Leira tamén logrou medalla, na súa categoría, nas tres carreiras nas que tomou parte (bronce nos 400 ml; bronce en 200 ml e prata nos 5000 ml).
Noraboa aos atletas mencionados e esperamos que para outros anos a representación de MillaRaio poda ir en aumento nuns eventos que teñen tan bo ambiente como son os Campionatos Galegos de Veterans!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario