sábado, 9 de junio de 2012

XII MILLA URBANA CONCELLO DE AMES

O próximo domingo, día 17 de Xuño, celébrase no Milladoiro a XII edición da, xa tradicional, Milla Urbana do Concello de Ames.
Neste evento, organizado polo concello, o noso club é destacado colaborador. Tamén colabora a Delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo, que serán os que fagan o control técnico da proba.
Para os atletas do MillaRaio este evento é das consideradas como "carreira do club". Polo tanto  o club  inscribirá en ela a todos os rapaces de MillaRaio.
Gustaríanos que, como xa sucedeu outros anos, os nosos atletas enchesen o Milladoiro coas cores do equipo. Para nós ésta é a "carreira de casa" onde además en outras  edicións ocupamos moitos postos no podium nas diferentes categorías.

Ademáis queremos animar a participar a os pais dos atletas que o desexen. Tratase de una milla (1609 m) polo que a distancia é asequible para calquera, sempre que adapte o ritmo ás suas circunstancias. Por suposto non hai que estar anotado no club ni estar federado para correr. Únicamente tedes que ter ganas de facelo. Non pasa nada si tendes que ir despacio que é una carreira popular!! Animádevos todos e facede a inscrición!! Xa veredes como correr engancha!!
Adxuntamos o trítico da proba.

No hay comentarios: