Esta segunda sesión vai servir para consolidar o aprendido na primeira por algúns, para iniciar aqueles que perderón a sesión anterior por algún motivo e para apurar a técnica dos atletas que competirán nesta proba nos vindeiros campionatos por equipos e de probas combinadas.
A sesión será impartida unha vez mais polo adestrador nacional especialista Jose Domínguez que virá especialmente para a ocasión e comenta que gústalle a motivación e as ganas de aprender cousas novas que viu nos atletas do clube Millaraio!
Deixamos un vídeo onde podemos ver un super lanzamento do atleta Andreas Thorkildsen, enviando a xavalina a mais de 90m de distáncia!
Especialmente este sábado os atletas das categorias mencionadas acabarán o adestramento un pouco mais tarde, as 13:00 para poder aproveitar ao máximo a visita do especialista!
No hay comentarios:
Publicar un comentario