miércoles, 20 de junio de 2012

Últimas novas sobre a Cacharela de San Xoan

Informarvos a todos os socios que a cacharela prenderase sobre as 23:00-23:30 horas. O prazo para anotarse a sardiñada xa rematou e todo aquel que queira asistir e non se inscribiu pode facelo sempre e cando leve de casa as viandas necesarias para el e os seus.

A xente que esta anotada, e poda e queira botar unha man a Miguel na preparación da cacharela, facer a sardiñada, etc.  pode estar na finca a partir das 17:00 horas. Agrádecese a colaboración dos socios para que todo resulte un éxito. Búscanse expertos en fogatas e preparación de sardiñas. Os que poidan botar unha man poden mandar un correo a miguelbuela@gmail.com.


Comentar, para os que queiran ver o partido de España, que se vai instalar unha pantalla xigante nas inmediacións da finca, a uns 100 metros aproximadamente. Así que todos os que queiran animar a España serán benvidos. Por outra banda, conseguiuse que deixaran a carpa que se instalou na comida do club e aínda que non hai previsión de chuvia, os que o desexen van a estar mais abrigados e cómodos.´


Para rematar, comentar que se poden levar familiares, amigos, etc, sempre e cando todos cumpramos as mínimas normas de comportamento, tendo en conta que estamos nunha finca particular.


Animádevos a vir!!!





No hay comentarios: