A competencia foi moi dura pois acudiron os mellores clubs federados de Galicia de cada unha das categorías. Ainda así as nosas rapazas e rapaces competiron moi ben, logrando, as mais das veces, superar as súas marcas persoais nas probas que disputaron.
Finalmente, desposis de sumar os puntos obtidos, os nosos equipos quedaron do seguinte xeito:
- Benxamin Masculino: 2º posto e, por tanto, subcampions galegos!!
- Benxamin Feminino: 4º posto.
- Alevín Masculino: 5º posto.
- Infantil Feminino: 7º posto.
Queremos, dende este foro, felicitar a todas as nenas e nenos de MillaRaio que participaron. Os que asistimos en directo damos fe de que todos eles deron o millor de seu, en algúns casos loitando contra unha evidente superioridade física por parte de moitos dos rivais.
Especial noraboa ao equipo Benxamin Masculino que acadou o subcampionato galego!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario