sábado, 30 de junio de 2012

Circuito Corre San

É unha iniciativa do Concello de Santiago de organizar un circuito con 4 carreiras nos próximos meses e está destinado a todas as categorias dende Alevín a Veteranos. Non é carreira do clube e a participación ou non é unha decisión idividual de cada un. Ox xuveniles, senior e absolutos non entran na inscripción escolar realizada e deben REALIZAR SUA PROPIA INSCIPCIÓN caso queira participar.

Tralo convite feito pola organización o clube aceptou anotar a todos os seus atletas escolares, pese estar no periodo de vacacións, polo que a participación en cada un nas carreiras é voluntaria e pola súa conta, ainda que sempre intentaremos ter a alguén da directiva (ou responsable de algún atleta) ou do corpo técnico para axudar na ditribución dos dorsais.

Pedimos a todos que miren as distancias das probas, pois no caso de alguns alevíns, é unha distancia algo larga e deben estar orientados a correr moi tranquilos e a ritmos suaves!

A primeira carreira será no campus universitario Sur, con saida e meta nas inmediacións das pistas de atletismo a que acudimos a adestrar durante o ano e se fai no día 30/06. A segunda será dia 14/07 na zona vella, pola noite!

Regulamento e información:

http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=919

Un saúdo!

No hay comentarios: