Como último acto da actual tempada atlética, imos acudir o vindeiro sábado pola mañan ao Trofeo Vila de Noia! É unha competición en pista con probas para todas as categorias dende Benxamín a Veterán. (Falaremos coa organización para tentar que poidan participar os nosos "casi" Benxamíns Mario, Xan e Valeria)
A confirmación de participación debe enviarse ao correo millaraio@gmail.com ata o mércores 20/06, indicando que probas quere facer o atleta unha vez que poden escoller os atletas as que mais lle guste, matizando que cada atleta pode participar en 2 probas sempre que non sexan as dúas de mais de 250m. No caso dos Cadetes e xuvenís poden facer 3 probas con a mesma restricción para distancias mais longas.
Os detalles da competición podedes coñecer no seguinte enlace:
http://www.atletismogalego.com/hs230612.pdf
Non hai Adestramento neste día e esperamos ter unha grande participación e que cada un disfrute e busque mellorar súas marcas na última competición en pista do ano!
Pincha neste enlace para ver como chegar
No hay comentarios:
Publicar un comentario