O próximo sábado, dia 23 de Xunio celebrarase na finca de Miguel, despois do partido de España, a tradicional cacharela de san Xoan.
Todos os que queran participar teñen que mandar un correo ao presidente na dirección habitual: miguelbuela@gmail.com indicando cantos serán para tomar sardiñas e bebida, por prezo aproximado de 5€ por persoa, que pode variar en función do costo da sardiña no mercado.
A data límite para anotarse é o mércores día 20 ás 14 horas.
O que non queira sardiñas pode levar o bocadillo da casa e comelo alí.
Se alguén acorda ir con fecha posterior ao mércores 20, ten que levar as sardiñas ou o bocadillo pola súa conta.
A cacharela prenderase sobre as 23:30 horas
Esperamos que vos animedes moitos pois é unha festa moi agradable!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario