Primeiro confirmar que o Campionato Galego por Equipos será finalmente en Riveira, en horario matinal que esperaremos para confirmar a semana que ven para evitar que algún cambio nos colla de sorpresa.
A lista cos participantes será confirmada no lúns, despois do adestramento do sábado e do lúns e tamén de que acaben de confirmar aqueles que ainda non enviaron a resposta. Recordamos que aqueles que non respondan non serán levados en conta para a confección dos equipos e que o prazo remata hoxe 06/06.
As actividades do clube rematarán xuntamente co curso letivo e teremos nosa última actividade do ano o día 23/06. Nas próximas 2 semanas os adestramentos dos atletas que adestran no Milladoiro os luns e mercorés, pasan a facerse nas dependencias das pistas de Atletismo para prepar mellor a competición do día 16 e co bo tempo (ou eso esperamos) desaarece o problema de espacio que temos cando chove e os espazo cobertos son limitados e compartidos con outros usuarios.
Toda a información detallada tedes no calendario (lado superior dereito da paxina) e aprobeitamos para adiantar que, pasada esa tempada de transición onde consolidouse a estructura, os espaciós, os grupos e as rutinas de adestramento, buscaremos no proxecto deportivo para o vindeiro ano unha simplificación das rutinas, con poucas variacións de horarios e locais coa finalidade de facilitar ao máximo a asistencia aos adestramentos e a adecuación às necesidades de cada grupo.
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario