sábado, 23 de junio de 2012

MILLARAIO PRINCIPAL ANIMADOR DA XII MILLA URBANA DO CONCELLO DE AMES

O pasado domingo, día 17 de Xuño, tivo lugar no Milladoiro a XII edición da Milla Urbana, organizada polo Concello de Ames.
MillaRaio tivo, unha vez mais, un gran protagonismo na mesma. Participaron gran parte dos nosos atletas e o evento tivo unhas cores dominantes: as azuis e brancas do noso equipamento.
Ademáis de ser o club mais numeroso con diferencia, tamén logramos copar gran parte dos primeiros postos nas diferentes categorías.

A continuación recollemos os postos de podium acadados polos nosos atletas:
  • Prebenxamín Feminina: 3ª Valeria Batire Guridi Diéguez.
  • Prebenxamín Masculina: 2º  Mario Vilar Veiga.
  • Benxamín Feminina: 1ª Degnesh María Mato Gómez; 2ª Laura Pais Mosquera; 3ª Fátima Dell Blanco.
  • Benxamín Masculina: 1º Pablo Díaz Oiza; 3º Antón Gómez García.
  • Alevín Feminina: 2ª Laura Cuesta Pereiro.
  • Alevín Masculina: 2º Carlos Dios Suárez; 3º Diego Alonso Campos.
  • Infantil Feminina: 3ª Rocío García Villaverde
  • Cadete Feminina: 1ª Irene Ibañez Cocera; 3ª Cristina Sánchez Pardo
  • Cadete Masculina: 1º Martín Fernández Hermida; 3º Mateo Raindo Vázquez.
  • Xuvenil-Junior Feminina: 2ª Vanesa Varela Rivas.
  • Xuvenil-Junior Masculina: 3º Francisco López Bermúdez.
  • Veterano Masculina "B": 1º Joaquín Sánchez Leira, 2º Mario González Freire.
  • Veterana Feminina "E": 1ª Lourdes García Vázquez; 2ª Mª Josefina Pardo Montaña.
Noraboa pois a todos os atletas do club que participaron no evento, e non só os premiados. De feito, ben sabemos que en moitas ocasions atletas que fixeron moi boas carreiras non chegan a acadar o podium pola moita competencia existente na súa categoría. Esta situación aconteceu de xeito claro o domingo. Dende o club tense en conta e valórase o traballo de todos e cada un según as súas circunstancias e posibilidades.

Por outra banda, queremos resaltar moi especialmente o esforzo dos nosos prebenxamins, que polo momento teñen poucas oportunidades de competir e mostrar a súa progresión. Neste caso o fixeron moi ben, logrando incluso entrar no podium. Especial noraboa a eles!! Son o futuro do club!!

Finalmente queremos aproveitar tamén para felicitar ao noso director deportivo e adestrador Joao Fernández Rodrigues pola súa carreira do domingo, que o levou a ser o vencedor absoluto da proba, así como pola gran tempada que está a realizar, a pesares das lesións e contratempos que está a ter. Él é un gran exemplo e estímulo, tanto para os rapaces como para os veterans do club. Felicidades!!



No hay comentarios: